Partimos da base que o importante son as coleccións, a roupa, e por iso, o obxectivo deste proxecto para a creación dunha nova identidade de marca para centrarse basicamente niso, en valorar e potenciar ese produto e darlle vida á roupa.
En Arquitectura dicimos que un espazo non ten sentido ata que unha persoa entra nel. Neste caso, ocorre o mesmo. Unha prenda non ten sentido ata que unha persoa a viste e cobra vida.
Por iso a intención deste proxecto non é simplemente expoñer mercadoría, senón intentar crear un espazo onde a roupa realmente cobre vida, darlle un marco onde se valore e se entendan as coleccións… a coordinación de prendas, de tecidos, de colorido… O espazo ten que ser moi intuitivo e visual, de forma que instintivamente apeteza percorrelo e descubrilo.
Con este fin creáronse caixas, que funcionan coma closets personalizados, que podes personalizar e que envolven a roupa, dándolles valor. Potenciando a franxa visual comercial e facilitando a experiencia.
Toda particularidade debe atopar o seu sentido, xa que cada colección require dun fondo distinto, pero ao mesmo tempo ten que convivir co resto nun espazo limitado, polo que precisamos dun orden e duns elementos de composición que nos axuden a potenciar esa idea de percepción dun todo.



