O territorio esculpe a paisaxe e as súas xentes, é a orixe da súa forma de ser, de facer e sentir.
No noso estudio, ese sentir tradúcese na sensibilidade de cada un dos procesos de traballo, cos materiais, no debuxo, e nas proporcións, etc… Para nós un espazo non ten sentido ata que unha persoa o percorre e forma parte del.

A intervención crea un espazo onde se reflexa esta sensibilidade e inténtase trasladar ao visitante á nosa paisaxe, ao noso territorio.
Dentro da sala creouse un espazo central pechado. No seu interior a través da auga, a luz e o son, evocase o introspectivo e o infinito. A auga estará contida dentro dunha peza testemuña do material. A música estará composta pola interpretación do canto da Sibila Galaica, que forma parte das cantigas de Alfonso X O Sabio.O canto da Sibila é un drama litúrxico de melodía gregoriana que tivo moito difusión durante a idade media no sur de Europa. A Sibila é unha profetisa da fin do mundo na mitoloxía clásica que se introduciu e adaptou ao cristianismo gracias a unha analoxía co concepto bíblico do xuízo final.
Ao redor deste volume central, expoñerase, por medio de pantallas de vídeo, fragmentos da nosa pecepción do territorio e da nosa obra. Imáxenes que reflícten os trazos e a síntese do que somos.