A nova flagship de Zara en Zurich, encóntrase situada na Bahnhofstrasse, unha das rúas máis concorridas da cidade. O edificio de 1968, obra dos arquitectos Haefeli Moser Steiger, caracterÃzase pola posta en valor da estrutura como elemento compositivo. A nosa proposta intentou respectar a arquitectura do edificio, enfatizando a súa xeometrÃa cartesiana a través dun deseño xeométrico ortogonal, onde os teitos e os chans enfatizan as liñas mestras do proxecto, levando a orden da estrutura exterior ata o interior do edificio.
Créase asà un espazo medido, pautado e ordenado, coherente co edificio no que se encontra, onde a fachada tratouse a modo de filtro, permitindo a súa interacción entre o interior e o exterior do edificio, deixando ver desde a tenda para fóra, e ao mesmo tempo ocultando a visión desde a rúa.



