Cargando...

ZARA

 

Hong Kong

Situada nunha península no Mar da China Meridional, Hong Kong converteuse co paso do tempo, nun cruce de camiños, unha mestura entras as culturas orientais e europeas que deron como resultado unha cidade cosmopolita, vibrante e contemporánea.

Asentada na buliciosa e enerxética Queen´s Road, unhas das máis antigas arterias comerciais da vella colonia británica, o proxecto pretende ser unha peza atemporal dentro da anárquica aparencia. Fronte aos centos de escaparates, carteis e neons que reclaman a atención do público, a tenda móstrase como un gran bloque macizo, rotundo, que se asoma á cidade cunha fachada branca, onde a materialidade aporta calidez, ao verse modificada a súa aparencia segundo a luz incide sobre ela ao longo do día.

O volume é labrado para crear unha sucesión de cheos e baleiros onde o gran oco central abre a tenda á rúa, creando un espazo intermedio, un filtro, onde o interior e o exterior presentase coma un todo único mostrando desta forma un diálogo entre a tenda e a cidade.

ZARA Zurich
ZARA Serrano
ZARA Hong Kong
ZARA Hong Kong
ZARA Hong Kong
ZARA Hong Kong