Cargando...

ESCOLA INFANTIL
Fundación Amancio Ortega

 

Ferrol

A Fundación Amancio Ortega implícase na construción deste edificio que forma parte da rede de Escolas Infantís A Galiña Azul.

A súa vocación é a de formar a nenos de entre 0e 3 anos fomentando o desenvolvemento das súas personalidade e capacidades nun entorno de colaboración coas familias.

O edificio é unha cobertura para a vida que se desenvolve baixo ela. Unha cobertura que acompaña de un modo sereno e silencioso o desenvolvemento das actividades diarias dos nenos. Nun espazo arquitectónico que acubilla á persoa, un rectángulo sensible para a vida que transcorre... para a concentración na aprendizaxe, para o sosego do sono, para o ritmo dos pasos no chan.

O planteamento desta obra obedece a unha sinxela liña horizontal, unha sucesión de espazos mesurables e ordenados que lle outorgan un equilibrio estable, unha calma e unh a vocación de permanencia. A escola articúlase a través dun corredor central que comunica tódalas estancias entre si e crea a súa vez unha continua relación co exterior.

As estancias son espazos serenos, cálidos e luminosos nos que a cor, as texturas , as formas... potencian esa forma silenciosa de entender a arquitectura, para que o verdadeiro protagonista sexa o neno.

ASEGRUP
PROXECTO HOME
PORTADA.jpg
ESCOLA INFANTIL Fundación Amancio Ortega
ESCOLA INFANTIL Fundación Amancio Ortega
ESCOLA INFANTIL Fundación Amancio Ortega
ESCOLA INFANTIL Fundación Amancio Ortega